Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Festival Taiña 2008


GALEGOZ

O proxecto Galegoz nace a finais do 2005 como un experimento de membros do Colectivo Perverso para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo…
 

 

 

En Febreiro do 2006, animados pola boa acollida do single “Galician Chimpanzee”, deciden constituírse en banda. E así, o experimento cristaliza no disco “Galician chimpanzee” (un traballo de manufactura caseira editado pola da man da discográfica galega Ouvirmos), e o “grupo virtual” transfórmase nunha banda formada por músicos procedentes dalgunhas das mellores bandas do panorama musical galego: Xenreira, Nenos da revolta, Matraca Perversa, Jarbanzo Negro, Diplomáticos de Monte-alto, Mutantes Metálicos Band, A Compañía do ruído, etc.

A Banda Galegoz está formada por: Marcos Payno (voz ), Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta traveseira e teclado), Tómás Ruido (Técnico de son ) e Matías Olazábal(guitarra), ademáis das colaboracións de membros do Colectivo Perverso.

Contan ademáis coa presencia ás voces de Bayo, líder das bandas madrileñas “Django FM” e “Bayo y Fa Palermo”, que se une á banda despois de colaborar en dous temas do disco.

 

 

Festival Taiña © 2008