CUCHUFELLOS
Cuchufellos de Manzaneda!!!, unha banda multicultural con
influencias musicais tan diversas coma os seus compoñentes. A
súa actual formación remóntase ó ano 2003 e case todos os seus
integrantes participaron antes noutros grupos musicais,
peculiaridade que lle da ó conxunto unha gran riqueza polas
aportacións que fan cada un dous seus membros.
Xente nova e brava que presenta un repertorio formado na súa
meirande parte por composicións propias, onde se fusionan
estilos coma o rock, o reague, a pachanga, ritmos valcánicos,
…a troula.
Teñen tocado en escenarios de toda Galicia, Asturias o Bierzo
ou Madrid.
Axeitados para animar calquer tipo de festa rachada acompañada
por un bo licor café, este ano persentan novas incorporacións
e novo repertorio con temas cantados e máis tralla ca nunca.